Contacta'ns sossagradafamilia.org
CatalàEnglishCastellanoJapaneseItalianGermanPortugueseChineseDutchFrenchGalegoOccitan
 
O AVE que pode destruir a Sagrada Familia
Youtube.com/
   sossagradafamilia.org
desfet
O tren de alta velocidade AVE que pode destruir a Sagrada Familia (e a Pedrera)

O Ministerio de Fomento do Estado español ven de aprobar un proxecto que pon en grave perigo a Sagrada Familia (e a Pedrera), a obra cumio do arquitecto catalán Antoni Gaudí, en Barcelona (Cataluña, España). O proxecto en cuestión é a inminente construcción dun túnel para un tren de gran velocidade (AVE -Alta Velocidad Española-) que pasará por debaixo da fachada principal do edificio, a denominada Fachada da Gloria (rúa Mallorca).

imatge pedrera sagrada familia

Consideramos que dada:
1. A vulnerabilidade e o peso dun edificio tan singular coma este.
2. A natureza inestable do chan sobre o que se asenta a construcción e as correntes subterráneas que o atravesan.
3. As obras do túnel serán moi agresivas e durarán 28 meses.
4. Tendo en conta que o monumento recibe unha media de 7.000 visitas diarias. É unha vergoña que se leve adiante un proxecto semellante, xa que non se toma en consideración o desastre que suporía que se producisen desprendimentos parciais ou ata un derrubamento total do templo, que podería arrastrar tras si moitas mortes e afectaría a un edificio declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Asi mesmo queremos denunciar que este non é o único edificio de Gaudí afectado polo trazado, xa que a Padrera (ou Casa Milà) tamén se atopa no trazado do túnel. Tamén outros edificios insignes do modernismo catalán, unha singular masía do século XIV, un refuxio da Guerra Civil (1936-1939) e dous xacimentos arqueolóxicos, mais múltiples centos de vivendas de cidadáns preocupados.


Faite escoitar: envía un mail!

Se tamén che preocupa que pola construcción deste túnel para un tren de alta velocidade (AVE) a Sagrada Familia sufra consecuencias irreparables, animámoste a facerte escoitar:

1. Recomenda esta web aos teus amigos

2.
Enche o seguinte formulario e a túa queixa será automáticamente enviada a tódalas administracións e organizacións, responsables ou non do proxecto de trazado, pero que poden axudar a modificalo.

Os campos marcados cun asterisco (*) son obrigatorios.

Naam*

O teu nome*

Apelido(s)*

País*

Profesión*

Mail
Mensaxe

Querido Señor/Señora,

Teño noticia de que o goberno de España ven de aprobar un proxecto que pon en grave perigo o Templo Expiatorio da Sagrada Familia (e a Pedrera), obra cumio do arquitecto Antoni Gaudí, en Barcelona. O proxecto en cuestión é a construcción inminente dun túnel para un tren de alta velocidade (AVE) que pasará por debaixo da fachada principal do edificio.

Considero que dada:

1. A vulnerabilidade e o peso dun edificio tan singular coma este.

2. A natureza inestable do chan sobre o que se asenta a construcción e as correntes subterráneas que o atravesan.

3. Tendo en conta que o monumento recibe unha media de 7.000 visitas diarias.

Quero facerlle chegar a miña preocupación polo desastre que suporía que se producisen desprendimentos parciais ou ata un derrubamento total do templo, xa que esto podería conlevar moitas mortes e afectaría a un edificio declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Pídolle que dada a institución que vostede representa, actúe para que este proxecto sexa modificado, seguindo algunha das alternativas xa existentes que alonxan definitivamente o túnel da Sagrada Familia.

www.sossagradafamilia.org
Atentamente,

¿Queres engadir o teu comentario?